O club fundouse en 1994, ascendendo á Primeira División Nacional no 2001, e á Liga FEV no 2005. No 2006, tras unha boa clasificación, o equipo quedou ás portas do ascenso nunha emocionante fase final caracterizada pola igualdade e os empates co Patricia Vóley, o Sanse e o Haro. Na seguinte tempada incorporouse ao equipo a mediática colocadora italiana Maurizia Cacciatori, que co ascenso á Superliga asumiu o papel de directora deportiva, configurando un equipo de coñecidas xogadoras nacionais e internacionais.
No 2007 conseguiu unha praza na División de Honra (Superliga) ao impoñerse na fase final da Liga FEV celebrada en Palma no pavillón da Universidade das Illas Baleares, onde o Ícaro Alaró xogou durante a tempada 2006-07. En Alaró o equipo mantivo as súas escolas deportivas, mais ao comezar a tempada 2007-08 pechou un acordo co concello de Palma de Mallorca e trocou a denominación de Ícaro Alaró por Ícaro Palma. Durante a tempada 2008-09 produciuse a fusión temporal co equipo masculino do Club Voleibol Pòrtol e competiron ámbolos dous como Palma Volley, nesta tempada, ao igual que na anterior, o equipo perdeu a final da Superliga fronte ao CAV Murcia 2005.
Na tempada 2009-10 o club trocou a súa denominación polo nome actual de Club 15-15 e se clasificou para o play-off na sexta praza, aínda que non superou os cuartos de final.