Closer é o segundo e derradeiro álbum de Joy Division. O disco foi publicado por primeira vez por Factory Records o 18 de xullo de 1980.[1] Foi lanzado dous meses despois do suicidio do seu vocalista e letrista Ian Curtis e está considerado un disco importante dentro do movemento post punk.
Este álbum foi producido por Martin Hannett e ten un son máis escuro que o seu antecesor, Unknown Pleasures, no que os sintetizadores e efectos de estudio toman un rol máis protagonista.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 13 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[2]