Cleopatra (cráter)
Cleopatra | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Venus |
Epónimo | Cleopatra VII |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 65°48′N 7°06′L / 65.8, 7.1 |
Diámetro | 105 km |
Cuadrángulo | Ishtar Terra quadrangle (en) e Fortuna Tessera quadrangle (en) |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 1240 |
Cleopatra é un cráter complexo dentro da parte oriental da rexión dos Maxwell Montes do planeta Venus, e está situado nas coordenadas 65,8° N 7,1° E.[1] O cráter ten 105 km de diámetro[1] e 2,5 km de profundidade,[2] posúe paredes con chanzos, un dobre anel na crista do cráter, cun chan moi liso e escuro ó radar, e que a simple vista non ten cumio central (algo pouco frecuente nos cráteres de Venus). Tamén chama moito a atención unha sinuosa canle, a xeito de desaugadoiro, que atravesa a escarpada dobre crista do cráter. A través desta canle fluíu unha gran cantidade de lava e que cubriu varios vales na rexión de Fortuna Tessera. Cleopatra está superposto sobre ás estruturas dos Maxwell Montes e estas aparecen deformadas polo cráter, o cal indica que este cráter é relativamente recente.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Cleopatra on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011.
- ↑ 2,0 2,1 JPL/NASA (ed.). "PIA00149: Venus - Maxwell Montes and Cleopatra Crater". Photojournal. Consultado o 01-12-2011.