Citroën C15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Citroën C-15 visto dende a dereita.

A Citroën C15 é unha furgoneta pequena producida polo fabricante francés Citroën entre os anos 1984 e 2005. Substituíu á Citroën Acadiane, e o seu sucesor, a Citroën Berlingo, foi posta á venda no ano 1996. A última unidade (número 1 181 471) fabricouse en decembro de 2005 na factoría de Citroën de Vigo.[1]

A gama de lanzamento constaba de dúas motorizacións, unha de gasolina de 1.1 litros e outra diésel de 1.8 litros, de 48 CV e 60 CV de potencia máxima respectivamente, estando dispoñible desde 1986 unha segunda opción de gasolina de 1360 c.c. e 60 CV. Todos estes motores procedían do turismo Citroën Visa, do cal derivaba a C15. Estas mecánicas de gasolina serán substituídas por outras máis modernas (tipo TU), aínda que da mesma cilindrada, procedentes do modelo AX, despois de 1987, con potencias entre 55 e 75 CV. Tamén o diésel será substituído por un novo 1.9 litros de 71 CV, similar ó do Berlingo, após o lanzamento deste modelo. Nos derradeiros anos de produción só ofertouse esta motorización. Existiron variantes de furgoneta con ou sen vidros laterais e chasis-cabina - esta última permitía incorporar unha caixa isoterma ou unha caixa ao estilo pickup. Segundo o ano e a versión, tiña unha capacidade máxima de carga de entre 500 e 800 kg.

O C15 padeceu varios cambios de estilo ao longo da súa vida comercial. As modificacións principais que sufriu a furgoneta na súa vida comercial foron a calandra dianteira e o cambio de portón traseiro a dobre porta. Na súa derradeira etapa a C15 estivo dispoñible con dirección servoasistida e con acondicionador de ar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. {{{Familia}}}, {{{Alias}}} ({{{Ano}}}), Adeus ao Citroën C15, Motorpasion, Madrid, España