Citoqueratina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A citoqueratina é unha das proteínas fibrosas que forman os filamentos intermedios do citoesqueleto intracelular en particular de células epiteliais (incluíndo mucosas e glándulas), así como nas unllas, pelo e nas plumas dos animais.

Características[editar | editar a fonte]

Os monómeros de citoqueratina están ligados unha á outra por moléculas de filagrina. A súa función principal é a organización da estrutura tridimensional interna da célula (por exemplo, forman parte da envolvida nuclear e dos sarcómeros), forman unha barreira ríxida a cal evita a entrada de microorganismos. Esa mesma barreira cumpre a vital función de reter auga dentro das células. Tamén participan nalgunhas unións intercelulares (desmosomas).

Irregularidades na expresión das proteínas de citoqueratina forman a raíz de condicións atípicas, tales como eccema, ictiose, psoríase e certos tipos de cancro metastático.