Cisternas romanas de Monturque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°28′25″N 4°34′45″O / 37.4736568, -4.5791464

Cisternas romanas de Monturque.

As cisternas romanas de Monturque (provincia de Córdoba, España) son un xacemento romano descuberto na cidade de Monturque en 1885 mentres se ampliaba o cemiterio. Componse de doce depósitos de auga.

Cisternas romanas[editar | editar a fonte]

Trátase dunha construción hidráulica de época romana, construída en «opus caementicium» e recuberta interiormente con «opus signinum».

Composta por doce cámaras cubertas con bóveda de medio canón, distribuídas en tres naves paralelas entre si; cada nave está formada por catro cámaras de planta rectangular dotadas de aberturas circulares na súa parte superior, que serven para a ventilación e garanten a boa conservación da auga. No exterior dunha das cámaras ábrese unha prolongación que presenta unha traxectoria crebada e termina nun pequeno pozo de limpeza.

Estes depósitos ou cisternas deberon estar destinados ao consumo humano. O volume de auga capaz de ser almacenado leva a pensar nun excedente de auga que sería conducido ás vilas rústicas, das que quedan abundantes vestixios.

Recentemente, o concello da localidade acometeu unha serie de actuacións de musealización e posta en valor deste conxunto arqueolóxico para mellorar a súa visita.

Os Paseíllos[editar | editar a fonte]

Os restos construtivos descubertos corresponden á planta baixa ou soto dun edificio de grandes dimensións, cuxo acceso se realizaría a través dunha rampla. A súa planta é rectangular, presentando unha orientación norte-sur, dividida en dúas naves por unha aliñación de alicerces.

O acharse en parte escavada na pedra confírelle un carácter de estrutura semisubterránea, atopándose pechada por todas as súas partes, agás pola entrada. Esta particularidade conduce a catalogala como criptopórtico. A aparición de ánforas permite supor un posible uso de almacén.

O achado de diversos elementos arquitectónicos expón a existencia dunha segunda planta, da que non se conservou ningún resto, e que sería de grandes dimensións, debido ás potentes cimentacións da estrutura descuberta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]