Saltar ao contido

Circuíto de Charade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Charade
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Francia Clermont-Ferrand, Auverña, Francia
Lonxitude 8,055 km.
Curvas 48
Volta rápida (1972) 2:53.9
Piloto récord Chris Amon
Escudería récord Matra
Coordenadas
Vista do Circuíto

O Circuíto de Charade é un circuíto de carreiras semipermanente situado a 15 km ao sur da cidade de Clermont-Ferrand, Francia. O seu trazado orixinal de 8.055 metros de extensión foi construído entre maio de 1957 e xullo de 1958, baixo a dirección de Louis Rosier.

Charade albergou o Gran Premio de Francia das tempadas 1965, 1969, 1970 e 1972 da Fórmula 1, que gañaron Jim Clark, Jackie Stewart (en dúas ocasións) e Jochen Rindt. Durante unha carreira de Fórmula 2 do ano 1959, Stirling Moss opinou: "Non coñezo ningún circuíto máis belo que Charade".

Debido aos volcáns extintos que a rodean, é habitual que a pista cúbrase de cinzas e pedras. Do mesmo xeito que o trazado de Nürburgring, a paisaxe montañosa dificultaba os traballos para estender as zonas de escape. Logo do Gran Premio de 1972, a pista viuse relegada a carreiras francesas de turismos, gran turismos, fórmula 3, rally e subidas de montaña. O trazado orixinal abandonouse en 1988; a marca de volta quedou en mans de Chris Amon, que en 1972 virou en 2:53.9 minutos a unha media de 166,75 km/h velocidade da o volante dun Matra.

Na actualidade, mantense activa unha versión recortada de 18 curvas e 3.975 metros de percorrido, xunto cunha de grava miúda de 1.300 metros para carreiras de rallycross.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Charade

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1965 Jim Clark Lotus-Climax 2:41:38.4 h 8´055 km 40 143´583 km/h 10. Xullo Francia Francia
1969 Jackie Stewart Matra-Ford 1:56:47.4 h 8´055 km 38 157´251 km/h 6. Xullo
1970 Austria Jochen Rindt Lotus -Ford 1:55:57.0 h 8´055 km 38 158´391 km/h 5. Xullo
1972 Jackie Stewart Tyrrel-Ford 1:52:22.5 h 8´055 km 38 163´454 km/h 2. Xullo

Record: Jackie Stewart (2 Veces)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]