Cidadáns de Galicia
Aparencia
Cidadáns de Galicia (CIDEGA) é un partido galego que se autodefine como galeguista de centro rexistrado o 22 de outubro de 2006. Está dirixido por Adolfo Reymóndez, ex-concelleiro e presidente do Partido Popular de Galicia en Rianxo.
Presentouse ás eleccións municipais de 2007 na Estrada sacando dous concelleiros, que posteriormente, en agosto de 2009, deixaron o partido[1], incorporándose ao PPdG [2]. A pesar do parecido dos nomes non ten relación orgánica ningunha con Ciutadans de Catalunya. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 preséntase en coalición con Vía Centrum Partido Demócrata.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cidadáns de Galicia pide a la Xunta que anule la salida de su grupo de Reboredo y Torres", Silvia Pampín. Faro de Vigo, 9 de abril de 2010.
- ↑ "O PPdeG refórzase na Estrada coas fichaxes de dous ex edís de Cidega", Vieiros, 10 de setembro de 2009.
- ↑ "Centrum e Cidadáns de Galicia concorrerán en coalición ás próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro". Xornal de Galicia. 12 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2016.