Instalacións de Zubieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cidade Deportiva de Zubieta")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°15′32″N 2°1′26″O / 43.25889, -2.02389

Instalacións de Zubieta
Ketari-20071109093740.jpg
Datos
LocalizaciónDonostia, Guipúscoa, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración1 de abril de 2004
Estadio
Superficie70.000 m²
PropietarioReal Sociedad de Fútbol

As Instalacións de Zubieta son os terreos de adestramento da Real Sociedad que se atopan situadas no barrio de Zubieta, na cidade de Donostia (Guipúscoa), xunto ao hipódromo.

En 2004 acabou a última fase de construción da Cidade Deportiva do club vasco, que ten unha superficie de 70.000 m² de superfície e acolle os adestramentos do primeiro, segundo equipo e os equipos inferiores do fútbol base.

As instalacións contan cun aforamento de 2.500 espectadores, dispoñen de 7 campos, 4 de herba natural e 3 de herba artificial. Igualmente conta cunha sala de rehabilitación, ximnasio, sala de proxeccións e sala de prensa.

Orixinalmente este ía ser o lugar para construír o novo estadio da Real, que ademais sería unha das sedes do Mundial de España de 1982. Ao final por desavinzas co Concello non se chegou a construír e Donostia quedou sen Mundial.

Instalacións[editar | editar a fonte]

  • Campo Z-1 (José Luis Orbegozo) - Céspede natural - 105 x 68 metros.
  • Campo Z-3 - Céspede natural - 80 x 30 metros.
  • Campo Z-4 - Céspede artificial - 105 x 65 metros.
  • Campo Z-5 - Céspede artificial - 105 x 68 metros.
  • Campo Z-6 - Céspede natural - 105 x 68 metros.
  • Campo Z-7 - Céspede natural - 105 x 68 metros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]