Ciclón tropical mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un ciclón tropical mediterráneo ou medicán (neoloxismo formado a partir do inglés medicane, de mediterranean hurricane)[1], é un furacán que se desenvolve no mar Mediterráneo.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, na zona mediterránea aconteceron tempestades que pola súa estrutura semellan furacáns, como en setembro de 1947, setembro de 1969, xaneiro de 1982, setembro de 1983, ou xaneiro de 1995. Como características distintivas teñen o seu movemento de oeste a leste (ó revés que no caso tropical) e o orixinarse en augas máis frías que os tropicais.[1] O neoloxismo medicán xurdiu debido ao aumento de potencia e frecuencia destes fenómenos debido ó quecemento climático.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Medicane Ianos". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-19.