Churrigueresco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Altar maior da igrexa do Convento de Santo Estevo de Salamanca, unha das obras emblemáticas do churrigueresco, da autoría de José Benito Churriguera

O churrigueresco é un estilo extravagante de arquitectura e decoración, popular en España e en América Latina (especialmente en México e no Perú) no século XVIII, época do barroco, tamén usado algunhas veces para definir libremente, como un todo, o barroco e o rococó serodios na arquitectura española. É polo tanto un estilo barroco que presenta máis ornamentación. Foron construcións de retablos efémeros e tamén no arquitectónico.

A designación ten orixe na familia Churriguera, escultores de Salamanca, a quen se deben as principais contribucións para este estilo, notabelmente José Benito Churriguera, Manuel de Lara Churriguera e Nicolás Churriguera

En Galiza, malia non ter moita pegada, si aparece nalgúns retablos, coma no Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela. Porén deixa claramente a súa pegada na fachada barroca profusamente ornamentada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela, de Fernando de Casas Novoa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]