Chernobyl (miniserie)
Chernobyl | |
---|---|
Creado por | Craig Mazin |
Desenvolvido por |
|
Dirixido por | Johan Renck |
Intérpretes | |
Tema de apertura | Hildur Guðnadóttir |
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 5 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Lituania e Ucraína |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 60–72 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO |
Primeira emisión | 6 de maio de 2019 |
Derradeira emisión | 3 de xuño de 2019 |
Na rede | |
https://www.hbo.com/chernobyl | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chernobyl é unha miniserie de televisión de drama histórico creada e escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck para HBO. A serie céntrase no desastre nuclear de Chernóbil que ocorreu en abril de 1986 e os esforzos de limpeza sen precedentes que o seguiron. Producida por HBO en asociación con Sky UK, conta cun elenco liderado por Jared Harris, Stellan Skarsgård e Emily Watson.
A serie emitiuse en cinco partes nos Estados Unidos de América o 6 de maio de 2019 e foi aclamada pola crítica. Nos Premios Primetime Emmy, recibiu seis nomeamentos, incluíndo a de mellor miniserie e mellores actuacións para Harris, Skarsgård e Watson.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Chernobyl dramatiza "a verdadeira historia dunha das peores catástrofes provocadas polo home e fala dos valentes homes e mulleres que se sacrificaron para salvar a Europa dun desastre inimaxinable. A miniserie céntrase no desgarrador alcance do desastre da planta nuclear que ocorreu en Ucraína en abril de 1986, revelando cómo e por que ocorreu, ademais contando as sorprendentes e notables historias dos heroes que loitaron e caeron".[1]
Elenco[editar | editar a fonte]
- Jared Harris como Valery Legasov
- Stellan Skarsgård como Boris Shcherbina
- Emily Watson como Ulana Khomyuk
- Paul Ritter como Anatoly Dyatlov
- Jessie Buckley como Lyudmilla Ignatenko
- Adam Nagaitis como Vasily Ignatenko
- Con O'Neill como Viktor Bryukhanov
- Adrian Rawlins como Nikolai Fomin
- Sam Troughton como Aleksandr Akimov
- Robert Emms como Leonid Toptunov
- David Dencik como Mikhail Gorbachev
- Mark Lewis Jones como Vladimir Pikalov
- Alan Williams como Charkov
- Alex Ferns como Andrei Glukhov
- Ralph Ineson como Nikolai Tarakanov
- Barry Keoghan como Pavel Gremov
- Fares Fares como Bacho
- Michael McElhatton como Andrei Stepashin
Produción[editar | editar a fonte]
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
O 26 de xullo de 2017, anunciouse que HBO encargou a serie Chernobyl, a súa primeira coprodución con Sky Television. A miniserie de cinco episodios foi escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck. Mazin tamén exerceu como produtor executivo xunto con Carolyn Strauss e Jane Featherstone, con Chris Fry e Renck actuando como produtores co-executivos.[1][2]
O 11 de marzo de 2019, anunciouse que a miniserie se estrearía o 6 de maio de 2019.[3]
Casting[editar | editar a fonte]
Simultaneamente co anuncio da serie, confirmouse que Jared Harris protagonizaría a mesma.[2] O 19 de marzo de 2018, anunciouse que Stellan Skarsgård e Emily Watson se unirían ao elenco principal.[4] En maio de 2019, anunciouse que Paul Ritter, Jessie Buckley, Adrian Rawlins e Con O'Neill tamén se uniron ao elenco.[5]
Rodaxe[editar | editar a fonte]
A fotografía principal comezou en abril de 2018 en Lituania.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "‘Chernobyl’ Miniseries Starring ‘The Crown’s Jared Harris Set By HBO & Sky – TCA". 26 de xullo de 2017. Consultado o 24 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "HBO Sets ‘Chernobyl’ Miniseries to Star Jared Harris". 26 de xullo de 2017. Consultado o 24 de novembro de 2017.
- ↑ HBO Miniseries Chernobyl Sets May Premiere Date
- ↑ "‘Chernobyl’: Stellan Skarsgård & Emily Watson To Star In HBO & Sky’s Miniseries". 19 de marzo de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ "‘Chernobyl’: Paul Ritter, Jessie Buckley, Adrian Rawlins & Con O’Neil Among Cast Additions For HBO/Sky Miniseries". 23 de maio de 2018. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)
- Chernobyl na IMDb (en inglés).