Saltar ao contido

Chema Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Chefa Alonso, saxofonista e compositora galega.
Modelo:BiografíaChema Alonso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Universidade Rei Xoán Carlos Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónExecutivo, pantasma Editar o valor en Wikidata

Twitter: chemaalonso BNE: XX4902292 Editar o valor en Wikidata

José María Alonso Cebrián, popularmente coñecido como Chema Alonso, nado en Madrid en 1975, é un executivo, hacker e experto en ciberseguridade español.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Alonso fixo enxeñería informática pola Universidade Rey Juan Carlos e enxeñería informática de sistemas pola Universidade Politécnica de Madrid, onde foi distinguido como Embaixador Honorífico da Escola Universitaria de Informática en 2012.[2] Fixo o doutoramento en Seguridade Informática na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

En 1999 comezou a traballar como consultor de seguridade na empresa Informática 64, de seguridade informática, que finalmente dirixiu. Desde 2009 dirixe tamén o máster de Seguridade de Información da Universidade Europea de Madrid.

En 2005 a multinacional Microsoft concedeulle o prestixioso galardón Microsoft MVP (Microsoft Most Valuable Professional) na área de seguridade corporativa.[3]

Alonso incorporouse á multinacional Telefónica en 2013 ao realizarse a compra de Informática 64, adquirida co nome de ElevenPaths e da cal é director executivo. En Telefónica ocupa tamén o cargo de CDO (Chief Data Officer) desde 2016. Na empresa é responsable, entre outros, da ciberseguridade global e da seguridade dos datos.[4]

Compaxinou o seu traballo coa publicación de varios libros, así como con participacións periódicas sobre ciberseguridade en medios de comunicación tales como a cadea de emisoras COPE (programa "Las Mañanas") e laSexta.[5]

Alonso é considerado un dos maiores hackers de España, pero sen connotacións negativas, dado que na súa opinión un hacker non necesariamente debe asociarse á ciberdelincuencia.[6] Isto vén corroborado polas súas numerosas participacións en múltiples conferencias nacionais e internacionais de ciberseguridade, das que destacan BlackHat e DEF CON (nesta última é o español que máis veces participou).[7]

  1. ↑ "Equipo directivo: Chema Alonso". telefonica.com.
  2. ↑ "Chema Alonso, embajador de la EUI". UPM.
  3. ↑ "Chema Alonso – Hacker – MVP Microsoft".
  4. ↑ "Trayectoria profesional". LinkedIn. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2024. Consultado o 21 de maio de 2017.
  5. ↑ "Chema Alonso, el «hacker» que puso en boca de todos la ciberseguridad". ABC.
  6. ↑ Morales, Carlos (24 de abril de 2017). "Chema Alonso: una entrevista con el hacker español más famoso". forbes.com.mx (en castelán). Forbes. Consultado o 3 de setembro de 2026.
  7. ↑ "DEFCON 19 Speakers". DEFCON.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]