Chanka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chanka
Nacemento1866
 Dagestan Oblast
Falecemento1909
NacionalidadeImperio Ruso
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Tazhutdin de Batlaich, máis coñecido como Chanka, nado en 1866 en Batlaich e finado en 1909, foi un poeta ávaro, un dos fundadores da literatura ávara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia humilde, súa nai era choradeira e cantante popular. Criouno seu avó e estudou  lingua árabe e teoloxía, converténdose en mulla, un profesor na madrasa da súa aldea natal.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

A súa é unha poesía humanista, nela chama á emancipación espiritual do ser humano[1] e en moitos dos seus poemas proclamou o dereito da muller á súa felicidade persoal, nunha loita contra os canons obsoletos, tanto patriarcais como relixiosos. Tamén escribiu poemas de tema sociais e elexías.

A súa obra está en íntima conexión coa poesía oral ávara e ao tempo, especialmente nas súas elexías, amosa unha significa influencia da literatura árabe clásica. Ao final da súa vida, xa vivindo en Turquía, deixou os temas mundanos para centrarse nos sentimentos relixiosos. Morreu en 1909 mentres peregrinaba á Meca.

A súa obra esparellouse entre os ávares de xeito oral, e só comezou a publicarse despois da revolución de outubro. En 1963 publicouse T’asa rishcharal kuchidul que recolle a súa produción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tazhutdin" The Great Soviet Encyclopedia, 3ª ed. (1970-1979)