Saltar ao contido

Chan do Cerqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaChan do Cerqueiro
Tipoasentamento Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMoimenta, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°43′17″N 8°52′48″O / 42.72142384, -8.87994489
Patrimonio Galego: 95872

O Chan do Cerqueiro foi un asentamento da época calcolítica, habitado no terceiro milenio a.C.,[1] situado en Moimenta (Macenda, Boiro) no alto dunha zona montañosa cun amplo control visual sobre o sur e o norte da zona do Barbanza.[2] Nel localizouse numerosa industria lítica relacionada coa elaboración de puntas de frecha, o que levou aos investigadores a considerar que o lugar estivera especializado na elaboración destes obxectos.[1][3]

  1. 1,0 1,1 "Los arqueólogos cierran otra fase de investigaciones en Moimenta y descubren dos nuevas cabañas". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  2. Chan do Cerqueiro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. "Campaña 2018 de excavación en Chan do Cerqueiro / Coto do Espiño (Moimenta, Boiro)". gepn.jimdo.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023.