Saltar ao contido

Cesante (funcionariado)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cesante[1] é a situación do funcionariado que é privado do seu emprego por decisión dun superior, deixándolle, nalgúns casos, parte do soldo.[2][3] Xeralmente, quedaban incluídos no grupo das clases pasivas,[4] e en España até 1845 mesmo tiñan dereito á percepción dunha pensión.[5]

En España esta figura estivo presente, sobre todo, durante o reinado de Isabel II, no que a chegada ao poder dos moderados ou dos progresistas implicaba a remuda de tódolos cargos políticos e administrativos existentes, incluídos os funcionarios até na súa escala máis básica.

Mesonero Romanos defíneo dun xeito característico no capítulo titulado "El cesante", na súa obra Escenas y tipos matritenses:[6]

"O cesante.
(...) Un destes tipos peculiares da nosa época, e tan frecuentes nela como descoñecidos foron dos nosos pais é, sen ningunha dúbida, o home público reducido a esta especie de morte civil, coñecida no dicionario moderno baixo o nome de cesantía, e ocasionada, non pola notoria incapacidade do suxeito, non pola necesidade do seu repouso, non, en fin, polos delitos ou faltas cometidos no desempeño do seu destino, senón por un capricho da fortuna ou máis ben dos que mandan á fortuna, por un vaivén político, por un fiat ministerial, por aquela lei, en fin, da física que non permite a dous corpos ocupar simultaneamente o mesmo espazo."

Con estas disfuncións e engadindo as necesidades crecentes da administración da época e de profesionalizar o funcionariado, fundamentalmente a finais do século XIX, prodúcense debates propondo solucións. Xa Antonio Maura nun discurso pronunciado na Academia de Xurisprudencia en 1898 expuña o estado da cuestión en toda a súa crueza. Foi de novo Maura, cando dirixe un dos gobernos de concentración en 1918, quen estableceu o chamado "Estatuto Maura" ou Estatuto da Administración Pública de 1918 no que se eliminou a "cesantía política",[7] e no que se recolleu como idea principal a da inamobilidade dos funcionarios, unha das medidas fundamentais para conseguir a independencia da Función Pública.[2]

Porén, o concepto de "cesantía" non se eliminou legalmente até 1954.[7]

Na ficción, a figura do cesante é reflectida en múltiples obras como na novela Miau de Benito Pérez Galdós,[3] e no conto El rey Baltasar de Leopoldo Alas "Clarín" ou tamén na obra de Eduardo Zamora y Caballero, Un Tenor, un gallego y un cesante: juguete cómico en un acto.[8][9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cesante.
  2. 2,0 2,1 Ramos, Alberto (1-10-2011). "El cesante". diariodecadiz.es (en castelán). Consultado o 22-4-2020. 
  3. 3,0 3,1 Adsuara, Borja (8-1-2020). "Pérez Galdós, Podemos y los funcionarios cesantes". lainformacion.com (en castelán). Consultado o 22-4-2020. 
  4. Gil de Zárate (1851), p. 44
  5. Albuera (1990), p. 45
  6. "El cesante". cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 22-4-2020. 
  7. 7,0 7,1 Albuera (1990), p. 46
  8. Zamora y Caballero (1887), p. 15 ("Yo soy un funcionario público, digo mal, un ex-funcionario público... vulgo... un cesante").
  9. Zamora y Caballero (1887), p. 18 ("Mira, yo... hoy por hoy, soy un cesante, que no es una gran cosa... pero en cuanto suban los míos, seré un empleado").

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Albuera Guirnaldos, Antonio (1990). "El cesante: análisis de un «tipo» social del siglo XIX". Cuadernos de Historia Contemporánea (en castelán) (Madrid: Universidade Complutense) (12): 45–66. ISSN 0214-400X. 
  • Comellas, José Luis (2009). Historia de España: La España de la generación romántica (en castelán). Barcelona: Ediciones Folio. ISBN 978-84-413-2775-7. 
  • Gil de Zárate, Antonio (1851). VV.AA., ed. Los españoles, pintados por si mismos. Serie: Biblioteca ilustrada de Gaspar y Roig (en castelán). Madrid: Gaspar y Roig, editores. pp. 44–47. 
  • Zamora y Caballero, Eduardo (1887). Un Tenor, un gallego y un cesante: juguete cómico en un acto (en castelán). Madrid: Estab. Tip. de E. Cuesta.