Cerámica Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°03′57″N 8°12′04″O / 43.065847, -8.201144

Cerámica Verea

Vista da empresa.
TipoSociedade Anónima
Fundación1968
LocalizaciónLanzá, s/n 15685 Mesía, A Coruña, Galiza Galiza
Persoas claveLuis Verea
IndustriaCerámica
ProdutosTellas, chemineas, ladrillos, accesorios
Beneficio8 millóns de € (2008)
Número de empregados48 (2008)[1]
editar datos en Wikidata ]

Cerámica Verea é unha empresa galega do sector da cerámica con sede en Lanzá, Mesía.

Historia[editar | editar a fonte]

Cerámica Verea fundouse en Mesía en 1968. Na zona hai amplos xacementos de arxila que son explotados dende hai moito tempo. Na zona houbo outras empresas adicadas ao sector, principalmente na fabricación de ladrillos das cales só queda Campo Brick do grupo Campo e Cerámica Verea. Cerámica Verea é a última empresa do sector que fabrica tella en Galiza aínda que tamén fabrica e comercializa accesorios para a montaxe de tellados, ladrillos especiais e para hórreos, botelleiros cerámicos e chemineas.

Antigamente só fabricaban nos meses de verán pola imposibilidade de secar as tellas antes de cocelas. A mediados dos anos 1970 fabricaron un túnel de secado e comezaron a automatización do proceso de fabricación. En 1990 ampliaron a fábrica, a zona de almacenaxe da materia prima e a produción. Hoxe a empresa é unha das máis importantes do sector en España e vende os seus produtos nos Estados Unidos, Francia, Portugal, Porto Rico ou México[2]. A empresa fabrica 80 millóns de tellas ao ano[3].

A empresa ten certificacións ISO 9001 e ISO 14001.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]