Centro Cultural Torrente Ballester
Historia[editar | editar a fonte]
No século XVIII, nun marco de toma de conciencia social das necesidades sanitarias, erixiuse no emprazamento do ruinoso Hospital de Peregrinos da Idade Media, o Hospital de Caridade. O inmoble tivo como fundador a Dionisio Sánchez Aguilera . Este ilustre enxeñeiro militar, co obxectivo de obter o financiamento que precisaba para o hospital, creou en 1780 a Congregación da Caridade , da que foi Irmán Maior ata a súa morte.[1]
O edificio foi deseñado polo propio fundador e comezou a construírse o 29 de xuño de 1783. A estrutura da edificación consiste nunha planta cadrada, con dous andares e un patio central. Con todo, non sería ata o ano 1792 cando, a raíz das obras de ampliación, se levantaría ó seu carón a capela da Virxe da Boa Viaxe.[2] Esta pequena igrexa posúe unha planta de cruz latina de factura moi sinxela e unha fachada neoclásica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ dbe.rah.es (ed.). "Dionisio Sánchez Aguilera" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2020.
- ↑ descubreferrol.es (ed.). "Descubre Ferrol". Consultado o 19 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |