Cenote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Cenote Ik Kil.

Cenote (do maia ts'onot: ‘foxo con auga’) é unha dolina alagada de orixe kárstico.[1] Existen varios tipos de cenotes: ó descuberto, semiabiertos e subterráneos ou en gruta. Esta clasificación está directamente relacionada coa idade do cenote, sendo os cenotes maduros aqueles que se atopan completamente abertos e os máis novos os que aínda conservan a súa cúpula intacta. Como outras moitas estruturas xeomorfolóxicas, os cenotes son estruturas transitorias, que finalmente poden terminar recheos e desecados, pasando a formar parte do que se coñece como un paleokarst.[2]

Formación[editar | editar a fonte]

Mergullo en cenotes
Cenote sacro en Chichén Itzá.

A súa morfoloxía adoita ser tipicamente subcircular, e coas paredes abruptas. Pola evolución do macizo kárstico, o cenote comeza sendo unha cámara subterránea producida pola disolución da roca calcaria pola infiltración da auga de choiva. Finalmente, conforme a cavidade vai aumentando de tamaño, o cenote pode terminar aflorando á superficie por colapso da cúpula.

Os cenotes formáronse durante as épocas de baixada do nivel do mar durante os pulsos glaciares do Plistoceno. Os cenotes son, na maior parte dos casos, ensanches de complexas redes fluviais subterráneas. Nestes, a auga mariña, máis densa que a doce, pode penetrar polo fondo do sistema freático. Por iso, hai cenotes nos que a partir de determinada profundidade a auga pasa de doce a salgada, mesmo a moitos quilómetros da costa. Esta superficie de contacto entre a auga doce e mariña recibe o nome de haloclina, e provoca interesantes efectos visuais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]