Celia Fernández Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelia Fernández Figueroa
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1896 Editar o valor em Wikidata
Merlán, España Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Nogueira de Miño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , avogada Editar o valor em Wikidata

María Celia Fernández Figueroa, nada en Merlán (Chantada) o 17 de xullo de 1896 e finada en Nogueira de Miño en xuño de 1962, foi unha avogada e mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na casa de Pumar, parroquia de Merlán, no seo dunha familia de labregos medianos. Estudou no Colexo das Josefinas de Madrid. Despois comezou os estudos de Maxisterio abandonando ao pouco para matricularse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1923-24, sendo unha das primeiras mulleres en facelo. Tamén estudou na Universidade de Murcia. Rematou Maxisterio e obtivo o título de mestra na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1930.[1] Licenciose en Dereito en 1932, sendo a primeira muller en facelo na USC.[2][3] Foi mestra en Lugo, nos anos corenta na Fonsagrada, e finalmente en Nogueira de Miño ata a súa morte.

Deixou inédita a novela La huérfana de Sevilla “La Quijotesca”, na que aborda a problemática da muller.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 30-10-1930, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 22-5-1932, p. 2.
  3. Vanguardia Gallega, 23-5-1932, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García, Xosé Lois (2008). Diversas consideracións sobre a fegresía e coto de Merlán. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]