Celestino Sardiña Navarro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Pontedeume, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (52/53 anos) A Capela, España |
Alcalde de Pontedeume | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Celestino Sardiña Fernández |
Celestino Sardiña Navarro, nado en Pontedeume cara a 1883 e finado na Capela o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado do ferrocarril e secretario interino do Concello de Pontedeume. Membro de Izquierda Republicana e delegado gobernativo en 1936. Dende o 9 de marzo de 1936 presidiu a Comisión Xestora de Pontedeume. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na Capela o 18 de agosto xunto co seu irmán Ramón e outras persoas.
Predecesor: José Prado Rivas |
Alcalde de Pontedeume 1936 |
Sucesor: Manuel López Seijo |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Celestino Sardiña Fernández.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Máiz Vázquez, Bernardo (2000). ""Bandos" e política no Pontedeume da Segunda República" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (7): 95–102. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2016. Consultado o 9 de abril de 2017.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Celestino Sardiña Navarro na páxina web Nomes e Voces.