Celestino Sardiña Navarro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1883 Pontedeume, España |
| Morte | 18 de agosto de 1936 A Capela, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| 1936 – 1936 (destitución) – Manuel López Seijo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Fillos | Celestino Sardiña Fernández |
Celestino Sardiña Navarro, nado en Pontedeume cara a 1883 e finado na Capela o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado do ferrocarril e secretario interino do Concello de Pontedeume. Membro de Izquierda Republicana e delegado gobernativo en 1936. Dende o 9 de marzo de 1936 presidiu a Comisión Xestora de Pontedeume. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na Capela o 18 de agosto xunto co seu irmán Ramón e outras persoas.
| Predecesor: José Prado Rivas |
Alcalde de Pontedeume 1936 |
Sucesor: Manuel López Seijo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Celestino Sardiña Fernández.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz Vázquez, Bernardo (2000). ""Bandos" e política no Pontedeume da Segunda República" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (7): 95–102. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2016. Consultado o 9 de abril de 2017.