Celestino Pérez Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 Ortigueira, España |
Morte | 1929 (62/63 anos) Ribadeo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Familia | |
Fillos | Lino Pérez |
Celestino Pérez Andrade, nado en Ortigueira cara a 1866 e finado en Ribadeo en 1929, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Pérez e Lina Andrade. Comerciante en sombreirería,[1] instalouse en Ribadeo, onde foi secretario da sociedade obreira La Prosperidad,[2] e fundou e dirixiu La Voz del Pueblo desde o que realizou campañas anticaciquís e sostivo polémicas sobre relixión e clericalismo coas autoridades eclesiásticas do bispado de Mondoñedo. Foi tamén fundador de El Eco Mercantil. Tomou parte como orador na campaña de propaganda republicano-socialista por Galicia e Asturias con Virginia González Llaneza e Facundo Perezagua. Colaborou co seu xenro Francisco Lanza en La Comarca escribindo artigos baixo os pseudónimos El Montañés ou Un labrador gallego. Foi procesado por inxurias e calumnias a un funcionario público en 1913,[3][4] Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro e unha multa de 250 pesetas pola Audiencia de Lugo o 13 de agosto de 1913.[5] Foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Ribadeo. Finou en Ribadeo en 1929.[6][7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ramona Fernández Soto e foi pai de Lino Pérez Fernández e Rosa Pérez Fernández, que casou con Francisco Lanza Álvarez.