Celestino Noriega Labra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelestino Noriega Labra

Celestino Noriega Labra foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido segundo tenente alcalde. Volveu ser concelleiro en 1927 co alcalde José Meleiro, sendo un dos promotores da homenaxe que se lle tributou en Celanova o 19 de marzo de 1927.[1] Foi o primeiro presidente do Sindicato Agrícola y Ganadero del Municipio de Celanova, constituído en xaneiro de 1929,[2] que solicitou o ingreso na Confederación Agraria en xullo dese ano.[3] Na Segunda República foi elixido alcalde de Celanova o 17 de abril de 1931. Foi destituído polo gobernador civil en maio de 1931, por desobediencia ás ordes do gobernador civil respecto da celebración do Primeiro de Maio.[4] Días despois foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil.[5] Participou no Congreso Agrario de 1933, sendo un dos nomeados para o relatorio que debía redactar un novo regulamento para a Federación.[6]


Predecesor:
Casto Álvarez Vázquez
 
Alcalde de Celanova
 
1931
Sucesor:
José López Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 22-3-1927, p. 1.
  2. La Zarpa, 8-1-1929, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 21-7-1929, p. 18.
  4. Galicia, 5-5-1931, p. 1.
  5. El Pueblo Gallego, 7-5-1931, p. 7.
  6. La Región, 31-10-1933, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]