Celestino Garrido Carrillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelestino Garrido Carrillo
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBernardino Garrido Carrillo Editar o valor em Wikidata

Celestino Garrido Carrillo, nado en Malpica de Bergantiños en 1911 e finado no mesmo concello o 13 de febreiro de 1979,[1] foi un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Patrón de barco. Irmán de Bernardino Garrido Carrillo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Pasou a zona leal, e ao remate da guerra foi internado no campo de concentración de Argeles. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Marchou a Chile no Winnipeg[2] e logo a Chimbote (Perú).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Nieves Porto Garrido e foi pai de Celestino Garrido Porto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-2-1979, p. 53.
  2. Lista de refuxiados do Winnipeg

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]