Saltar ao contido

Celestino Buján Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelestino Buján Suárez
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Argalo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista Editar o valor en Wikidata


Celestino Buján Suárez, nado en Argalo (Noia) en 1859[1] e finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1927,[2][3] foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa profesión de mestre en 1878. Foi mestre nacional nas escolas elementais de Cesuras (1878-1882), Serantes (1882-1887) e Lugo (1887-1893). Desde marzo de 1893 traballou como mestre interino do Colexio de Xordomudos e Cegos de Santiago de Compostela, obtendo a praza en propiedade en 1900. Despois foi profesor auxiliar e, desde o 11 de febreiro de 1897, secretario da Escola Normal de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu en 1892 a revista de primeiro ensino El Mensajero (Lugo) e dirixiu El Magisterio Gallego. Tamén colaborou con outros xornais, como La Idea Moderna (Lugo).

  1. Marco López e Porto Ucha (2000): p.250-251.
  2. El Compostelano, 6-4-1927, p.2.
  3. Necrolóxica en El Compostelano, 27-4-1927, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Marco López, Aurora; Porto Ucha, Anxo Serafín (2000). A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). Fonseca, Textos Históricos 6. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 379. ISBN 84-8121-854-5.