Cegoñela común
Cegoñela común | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Himantopus himantopus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
1–7, véxase texto |
A cegoñela común[2] (Himantopus himantopus) é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ó corpo. Está en discusión se esta ave é unha única especie ou varias, e, segundo diversos expertos, so o nome científico Himantopus himantopus poderían estar comprendidas en realidade entre 2 e 4 especies.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os exemplares adultos miden entre 33 e 36 cm de lonxitude, teñen patas moi longas de cor rosada e un bico negro longo e fino. Son de cores contrastadas: negras por riba e brancas por debaixo. A cabeza é branca e o pescozo parcialmente negro. A presenza de cor negra na cabeza é máis marcada nos machos, pero non exclusiva deles, polo que non é definitiva para diferenciar os sexos. Ademais, os machos adoitan perdera cor negra da cabeza no inverno. As aves inmaturas substitúen o negro da caluga polo gris, teñen o lombo acastañado e as puntas das plumas das ás claras, o que, cando voan, permite ver uña liña clara nas beiras das ás.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Viven en zonas chás con augas doces, salobres ou salgadas en lagoas, salinas e lagos. A lonxitude das patas permítelles procurar alimento en augas relativamente fondas. As discusións que provoca a exacta cuantificación de especies fan difícil indicar a distribución xeográfica exacta, aínda que se considerarmos unha especie única, abranguería practicamente os cinco continentes. As poboacións que crían en Europa pasan o inverno en África.
Alimentación e reprodución
[editar | editar a fonte]Comen principalmente insectos e crustáceos que apañan na area ou na auga. Fan os niños, a miúdo en pequenos grupos mesturados con outras aves de ribeira, como a avefría, preto da auga.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Adulto na illa Rottnest.
-
Ave inmatura.
-
Polos de Himantopus himantopus.
-
Adulto no niño.
-
Himantopus himantopus himantopus voando.
-
Himantopus himantopus himantopus- Adulto.
-
Himantopus himantopus himantopus- Immaturo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Himantopus himantopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cegoñela común |