Cayetano Polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cayetano Polo Naharro, nado en Cáceres en 1975, é un político estremeño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1998 en enxeñería de montes pola Universidade Politécnica de Madrid. Traballou en diversas empresas do sector privado. Militante de Ciudadanos, foi o seu candidato á alcaldía de Cáceres nas eleccións de 2015, logrando a acta de concelleiro. En 2017 converteuse no voceiro de Ciudadanos en Estremadura[1] e en 2018 tomou posesión como deputado provincial de Cáceres [2]. Nas eleccións de 2019 é o candidato do seu partido á presidencia da Xunta de Estremadura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cayetano Polo, nuevo portavoz de Ciudadanos Extremadura". Expansión, 13 de novembro de 2017
  2. https://www.hoy.es/prov-caceres/cayetano-polo-toma-20180629130050-nt.html "Cayetano Polo toma posesión como diputado con una llamada al «consenso»". Hoy, 29 de xuño de 2019