Saltar ao contido

Cayetana (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cayetana
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
2011 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2011 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0x5r2_v Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: 62db2fbd-026f-488f-84a3-29a45323c7ac Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Cayetana foi unha banda estadounidense de indie rock formada en Filadelfia, Pensilvania, no ano 2011.

Kelly Olsen e Allegra Anka coñecéronse mentres estudaban na universidade en Nova York antes de regresar ás súas casas en Filadelfia, onde coñeceron a Augusta Koch.[1] Cayetana comezou a tocar no ano 2011. A banda publicou o seu primeiro EP, titulado Cayetana EP, en 2012.

A principios de 2014 foron fichadas polo selo Tiny Engines e en marzo editaron un sinxelo en 7" titulado "Hot Dad Calendar".[2][3][4]

O 9 de setembro de 2014 Cayetana publicou o seu álbum de estrea, Nervous Like Me, a través de Tiny Engines.[5][6] Dous anos despois Cayetana editou un EP a través de Asian Man Records titulado Tired Eyes.[7] Tamén en 2016 a banda lanzou un disco compartido con Camp Cope a través do selo Poison City Records.[8]

No ano 2017 a banda publicou o seu segundo álbum de estudio, New Kind of Normal, a través do selo propio selo discográfico, Plum Records.[1]

En 2018 as súas membros comezaron a traballar noutros proxectos, tocando agora Koch no dúo Gladie. A banda anunciou a súa disolución en 2019 realizando o seu derradeiro concerto en Filadelfia o 3 de agosto dese ano.[9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Nervous Like Me 2014 Tiny Engines
New Kind of Normal 2017 Plum Records
  1. 1 2 "Cayetana | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-28.
  2. "Cayetana's New Seven-Inch is Perfect Pop Punk | NOISEY". web.archive.org. 2016-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 2019-11-28.
  3. Punknews.org. "Cayetana - Hot Dad Calendar b/w Ella [7-inch]". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2019-11-28.
  4. "Watch the video for Cayetana’s “Hot Dad Calendar”". News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-28.
  5. AltPress (2014-09-02). "Cayetana premiere new album, 'Nervous Like Me'". Alternative Press (en inglés). Consultado o 2019-11-28.
  6. Ozzi, Dan (2014-06-23). "Listen to the First Song from Cayetana's Long-Awaited Debut, 'Nervous Like Me'". Vice (en inglés). Consultado o 2019-11-28.
  7. "Stream Cayetana Tired Eyes EP". Stereogum. 2016-01-08. Consultado o 2019-11-28.
  8. "Cayetana releasing a split with Camp Cope, touring with Lemuria & Mikey Erg". BrooklynVegan (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-28.
  9. "Cayetana breaking up, announce final shows". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2019-11-28.