Catacumbas de París
As Catacumbas de París (en francés, Les Catacombes) é un dos cemiterios máis famosos de París, capital de Francia. Componse dunha rede de túneles e cuartos subterráneos localizados no que, durante a era romana, foron minas de pedra calcaria. As minas foron convertidas nun cemiterio común a finais do século XVIII. No presente, consérvase como un osario que acolle máis de seis millóns de esqueletos humanos, a maior concentración deste tipo en Europa.[1]
A súa visita oficial comprende as minas do décimo cuarto distrito de París. Pero esta parte aberta ó público representa só o 0,5 % das "canteiras subterráneas de París" (en francés, les carrières souterraines de Paris) que se atopan no quinto, sexto, duodécimo, décimo terceiro, décimo quinto e décimo sexto distrito. A visita destas carreiras é prohibida por unha orde ministerial do 2 de novembro de 1955, aínda que esta práctica ilegal é aínda corrente
Historia
[editar | editar a fonte]O uso destas desgastadas minas, para a almacenaxe de ósos humanos, foi estabelecido en 1786 por Charles-Axel Guillaumot, Inspector Xeral de Canteiras; todo iso debido principalmente ó exceso de restos humanos que enchían os cemiterios da cidade; ó mesmo tempo, o distrito de Ácheslles sufría de doenzas por mor da contaminación polo manexo inapropiado destes cadáveres, especialmente no cimetière des Saints-Innocents (Cemiterio dos Santos Inocentes).[2]
Restos provenientes do cemiterio Saint Nicolas des Champs foron os primeiros en ser trasladados. Cadáveres das mortes causadas por desordes en Place de Grève, o Hôtel de Brienne e Rue Meslée, foron postos nas catacumbas o 28 e 29 de agosto de 1788.
Arredor de 15 meses foron precisos para trasladar millóns de ósos provenientes de multitude de cemiterios, o cal levábase a cabo durante as noites, cruzando a cidade en carretas, finalizando na década de 1870, acumulando os restos de aproximadamente 6 millóns de parisienses.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Les Catacombes de Paris. "Catacombs A Timeless Journey".
- ↑ Las Catacumbas de París consultado o 7 de xullo de 2007
- ↑ Todo Leyendas Arquivado 02 de marzo de 2018 en Wayback Machine. consultado o 7 de xullo de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catacumbas de París |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine. (en francés)