Castro de Santomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°20′52.86″N 7°49′46.47″O / 42.3480167, -7.8295750

Castro de Santomé
ConcelloOurense
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSéculo I adC a Século II
Data da descuberta1969
Períodos de escavación1969 - 1974
1983 -
Estado actualMusealizado
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Santomé é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. O conxunto arqueolóxico está musealizado e atópase no concello de Ourense, a só 3 km da cidade. Na mesma área arqueolóxica poden visitarse restos de época castrexa e romana nunha zona de alto valor natural.

Escavacións arqueolóxicas[editar | editar a fonte]

O conxunto foi descuberto en 1969, cando se realizaron algunhas catas exploratorias, de xeito afeccionado, entre ese ano e 1974, as cales permitiron salientar a importancia arqueolóxica do lugar. A partir de 1983, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comezou a escavación científica e sistemática do lugar, o que permitiu descubrir a complexidade cronolóxica e cultural do castro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio (2000) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía arqueolóxica. Ourense: Grupo Marcelo Macías, ISBN 84-88522-11-8
  • AA. VV. (2001) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía da natureza. Ourense: Grupo Marcelo Macías
  • PERALTA BEJARANO, Isabel; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio; XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel (2005) Conjunto arqueológico-natural de Santomé. Excavación, consolidacón y musealización de un sector del castro. A Coruña: Fundación Barrié, ISBN 84-95892-25-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]