Castro de Donramiro
Aparencia
Castro de Donramiro | |
---|---|
Parroquia | Donramiro |
Concello | Lalín |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36024035 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 0,90 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Donramiro é un castro situado na parroquia de Donramiro, no concello pontevedrés de Lalín, preto da vila homónima.
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado a 590 msnm, está formado por tres recintos: dous antecastros e unha croa ou ourela. Esta última ten forma ovalada e delimítaa un terraplén polo lado oeste. Polo lado leste atópanse os dous antecastros, tamén delimitados por senllos terrapléns.
Na actualidade, atópanse instaladas na croa antenas de radio e telefonía, mentres que os antecastros foron vítimas de rebaixes de terra para acondicionar leiras ou soares para a construción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Presas García, Antonio e García Porral, Xoan Carlos (2014): O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza. Faro de Vigo, 131 páxs. ISBN 978-84-616-7983-6.