Castro da Pena Negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′42″N 8°15′00″O / 42.71160975036, -8.2499257381233

Castro da Pena Negra
ParroquiaMargaride, Negreiros, O Castro, Ponte e Silleda
ConcelloSilleda
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA36052032
Cronoloxía
Estado actualMal conservado
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro da Pena Negra é un castro situado nun lindeiro múltiple entre as parroquias de Margaride, Negreiros, O Castro, Ponte e Silleda, no concello pontevedrés de Silleda.

Descrición[editar | editar a fonte]

Situado no Coto da Pena Negra a uns 513 msnm, estaba formado por unha croa e un antecastro, a primeira conserva restos dun foxo e dun terraplén polo norte e o segundo bordeado por unha muralla.

Na actualidade atópase en mal estado debido ás activades agrícolas no seu contorno debidas á concentración parcelaria das parroquias do Castro e Ponte. Na súa parte máis alta atópase un vértice xeodésico.

Bibliografía[editar | editar a fonte]