Castle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castle
XéneroAcción, Drama, Comedia, Policíaca
Creado porAndrew W. Marlowe
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas7
Episodios151
Emisión orixinal
Canle de orixeAmerican Broadcasting Company Logo.svg ABC
Primeira emisión9 de marzo de 2009
Derradeira emisión16 de maio de 2016
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Castle é unha serie de televisión estadounidense protagonizada polos canadenses Nathan Fillion e Stana Katić. É emitida orixinalmente pola ABC, a estrea da serie foi o 9 de marzo de 2009. En España estreouse o 29 de xuño de 2009 e emítese en Cuatro, AXN e Divinity.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Cando o escritor de novelas de misterio Richard Castle (Nathan Fillion) queda sen inspiración, esta parece volver a chamar á porta cando un presunto asasino en serie imita os asasinatos das súas novelas. Colaborando en este primeiro caso coa detective Kate Beckett (Stana Katić), atopa en ela a inspiración para un novo libro e decide acompañala nos novos casos aínda que Kate Beckett vai obrigada nos seus primeiros casos polo capitán Roy Montgomery (Ruben Santiago-Hudson). A trama xira en torno aos distintos casos que van resolvendo. Estes casos serven da inspiración a Castle, quen escribe moitos libros e se converte nun escritor de fama mundial.

Elenco de actores[editar | editar a fonte]

Crítica[editar | editar a fonte]

En marzo de 2012, a serie obtiña en Metacitic unha puntuación de 53 puntos sobre 100 baseada en 22 análises da crítica especializada; mentres, a do pública, baseada en 180 valoracións, dáballe unha puntuación global de 9,3 sobre 10.[1] En IMDb a serie obtén unha puntuación do público de 8,3 sobre 10 baseada na votación de cerca de 22.000 usuarios.[2]

Ata esa data, obtivo 14 nomeamentos en diferentes premios e categorías gañado. Destacou en 4 nomeamentos aos Emmys (Primetime). Ademais, tivo 5 nomeamentos aos People's Choice Awards, gañou tres anos consecutivos ao premio de Mellor drama criminal en televisión.[2][3]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios
Comenzo da Tempada Final da Tempada
1 10 9 de marzo de 2009 11 de maio de 2009
2 24 21 de setembro de 2009 7 de maio de 2010
3 24 20 de setembro de 2010 16 de maio de 2011
4 23 19 de setembro de 2011 7 de maio de 2012
5 24 24 de setembro de 2012 13 de maio de 2013
6 23 23 de setembro de 2013 12 de maio de 2014
7 23 29 de setembro de 2014

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CBS Interactive Inc. "Castle - Season 1 Reviews, Ratings, Credits, and More at Metacritic". Metacritic TV Reviews. metacritic.com. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 IMDb. "Castle (TV Series 2009—) - IMDb". imdb.com. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  3. PeoplesChoice.com. "People's Choice Awards 2012 Nominees - PeoplesChoice.com". Consultado o 14 de marzo de 2012.