Castelo de Íscar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Castelo de Íscar | |
---|---|
Torre da homenaxe do castelo | |
Edificio | |
Tipo | Castelo |
Estilo | Gótico |
Localización | Íscar, provincia de Valladolid, Castela e León, España |
Coordenadas | 41°21′54″N 4°32′17″O / 41.365033, -4.538073 |
Propietario | Concello de Íscar |
Construción | |
Inicio | século XII |
Remate | ? |
Dimensións | |
Altura máxima | (altura en antena) |
Altura da azotea | (altura en azotea) |
Altura da última planta | (altura en piso máis alto) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Íscar é unha fortaleza de orixe medieval situada na localidade de Íscar (provincia de Valladolid). Atópase nunha montaña sobre a vila, e dende el pódese observar a Tierra de Pinares.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención escrita de Íscar ten lugar no ano 939, ó relatar as crónicas musulmás o camiño seguido polas tropas de Abderramán III para destruír os primeiros asentamentos cristiáns ó sur do Douro: “... trasladándose logo a Hins 'Skr [castelo de Íscar] que foi atopado en estado de abandono, arrasárono e asolaron as propiedades das súas xentes...”
A definitiva repoboación cristiá de Íscar tivo lugar en 1086, tras a toma de Toledo por Afonso VI de León, monarca que, segundo a tradición, encomendou dita colonización a Álvar Fáñez de Minaya. Así o conta o infante don Xoán Manuel na súa obra O Conde Lucanor: "Don Alvar Háñez era moi bo home e moi honrado e poboou Iscar, e moraba alí.”
Sobre as ruínas de anteriores fortalezas, dominando dende o alto o pobo e o mar dos piñeirais, álzase o castelo de Íscar. A parte mais antiga conservada, probablemente de finais do século XIII, corresponde a restos das murallas e á estrutura interior da torre da homenaxe, dividida en catro niveis de madeira. Defendendo o acceso dende o páramo, dispúxose un foso escavado nas rochas calcáreas.
Na segunda metade do século XV procedeuse a un reforzo xeral da torre, con fins defensivos e construtivos. Edificouse un corpo torreado, a modo de barbacá, que servía de anteporta e acceso á torre mediante unha ponte levadiza. No lado oposto, engadiuse un xigantesco esporón defensivo, flanqueado por dúas torres pequenas, transformando a planta en pentagonal.
Nunha delas aparecen os escudos de Pedro de Zúñiga e Avellaneda e da súa muller dona Catalina de Velasco e Mendoza, II Condes de Miranda, que permiten datar a obra entre 1478 e 1493. Diante deste esporón construíuse unha pequena barreira artilleira con tres cubos circulares, troneiras tipo caixa do correo e engadíronse outros cubos circulares ó recinto primitivo. No interior da torre construíuse unha bóveda de crucería.
No primeiro terzo do século XVI, para evitar a ruína da torre, foi preciso reforzar a bóveda de cadeirado cunha robusta columna central e reconstruír totalmente o muro sur. As escavacións arqueolóxicas realizadas en 1998, no extremo oriental do patio de armas, sacaron á luz restos de muros e pavimentos de diversas estancias residenciais. A fachada estaba formada por unha galería porticada de columnas e arquearías de estilo gótico final, de principios do século XVI.
Co paso do tempo e as desamortizacións, os Condes perderon tódolos dereitos e privilexios sobre Íscar, quedando as propiedades repartidas entre outros paisanos e terceiros herdeiros. En 1989 unha familia iscariense, comprao e tras varios anos de abandono e sen ningún uso do mesmo, o concello de Íscar conseguiu recuperalo efectuando a súa compra o 13 de marzo de 1991 por un importe de 78.000 €.
Dende ese momento, pasando pola firma do Plan Director no ano 2002, ata os nosos días, o castelo recibiu un investimento en restauración e consolidación de 3.000.000 euros, sufragado polo Concello de Íscar en colaboración con outras entidades e administracións como Caixa España-Obra Social, a Deputación de Valladolid, a Xunta de Castela e León e PRODERCAL “Ruta do Mudéxar”
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Foi restaurado completamente polo Concello de Íscar en 2007. Ademais, no seu patio de armas de máis de tres mil metros cadrados instalouse a microcervexeira La Loca Juana que elabora cervexa artesanal. O castelo de Íscar ofrece unha programación cultural e gastronómica estable todo o ano.
Notas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo de Íscar |