Saltar ao contido

Caso de violación en grupo de Delhi en 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Protesta silenciosa na Porta da India, en Delhi.

O caso de violación grupal de Delhi do 2012 foi un caso de violación en grupo e asalto mortal que ocorreu o 16 de decembro de 2012 en Munirka, un barrio do distrito sur de Delhi. O incidente produciuse cando unha rapaza de 23 anos interna de fisioterapia, Jyoti Singh[1] foi agredida, violada e torturada nun autobús no que viaxaba co seu amigo, Awindra Pratap Pandey. Había outras seis persoas no autobús, incluíndo o condutor, todos os cales violaron á rapaza e mallaron no seu amigo. Trece días despois do ataque, foi transferida a un hospital de Singapur para tratamentos de emerxencia, pero morreu por mor das feridas dous días despois.[2][3] O caso xerou grande atención nacional e internacional, e as protestas contra os gobernos central e estatal por non protexer axeitadamente ás mulleres tiveron lugar en Nova Delhi, onde milleiros de manifestantes se enfrontaron ás forzas de seguridade. Protestas semellantes tiveron lugar nas principais cidades do país. Debido a que a India non permite á prensa publicar o nome das vítimas de violación, a vítima foi coñecida como Nirbhaya, que significa "sen medo", e a súa vida e morte convertéronse nun símbolo da loita feminina de rematar coas violacións e a común práctica de atacar a vítima como responsable do suceso.

Arrestouse a todos os imputados, acusados de agresión sexual e asasinato. Un dos acusados, Ram Singh, morreu en custodia policial o 11 de marzo de 2013 no cárcere de Tihar.[4] Segundo algúns artigos publicados, a policía dixo que Ram Singh se colgou, mais os avogados da defensa e a súa familia sospeitan que o asasinaron.[5] O resto dos acusados foron levados a xuízo e a acusación presentou as súas probas o 8 de xullo de 2013.[6] Os acusados menores foron condenados por violación e asasinato e recibiron a sentenza máxima, tres anos nun reformatorio.[7] O 10 de setembro de 2013, os catro acusados adultos foron declarados culpables dos cargos e tres días despois foron condenados a morte por aforcamento.[8][9][10]

  1. Zee News, ed. (29 de decembro de 2012). "IAP condoles death of Delhi gang-rape victim". Nova Delhi. Press Trust of India. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  2. Mandhana, Nikarika; Trivedi, Anjani (18 de decembro de 2012). The New York Times, ed. "Indians Outraged by Account of Gang Rape on a Bus". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  3. The Hindu, ed. (31 de agosto de 2013). "Delhi gangrape: Chronology of events". Nova Delhi. Consultado o 2 de setembro de 2013. 
  4. Pandey, Devesh K.; Sikdar, Shubhomoy (11 de marzo de 2013). The Hindu, ed. "Delhi gang-rape case accused commits 'suicide'". Chennai, India. Consultado o 11 de marzo de 2013. 
  5. BBC, ed. (11 de marzo de 2013). "Delhi rape accused found dead in prison". Consultado o 11 de marzo de 2013. 
  6. The Times of India, ed. (8 de xullo de 2013). "December 16 gang rape: Prosecution finishes evidence". Indo-Asian News Service. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  7. (en inglés) " Fast Track court awards death sentences to convicts of Delhi Rape case " Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Ramalingam.Va, Le Journal International, 14 de setembro de 2013
  8. BBC News, ed. (13 de setembro de 2013). "Delhi gang rape: Four sentenced to death". Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  9. Barry, Ellen (13 de setembro de 2013). "4 Sentenced to Death in Rape Case That Riveted India". The New York Times. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  10. Vocativ.com, ed. (13 de setembro de 2013). "Photos: Indian court echoes populist outcry, gives 4 rapists death sentence". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]