Casco Viejo Bilbao
O Casco Viejo Bilbao é un antigo club de hóckey sobre xeo vasco. Competiu na Superliga española dende 1975 e decontado se converteu nun dos clubs punteiros da Península.
En 1978 converteuse no primeiro club español en participar na Copa de Europa fronte ao club neerlandés do Heerenveen.
O equipo do Casco Viejo trocou o seu nome en 1981 para adoptar o de Vizcaya Bilbao, feito que non lle impediría continuar nos postos de cabeza do campionato español.
Foi en 1986 cando o club tivo que deixar a súa actividade. A pesar do seu notable éxito, os problemas económicos fixeron que o club tivese que suspender as súas actividades e finalmente desapareceu.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 6 Ligas españolas: 1977, 1978, 1979, 1981, 1982 e 1983.
- 1 subcampionato: 1980.
- 2 Copas do Rei: 1978 e 1981.
Participacións na Copa de Europa[editar | editar a fonte]
Tempada | Rolda | Adversario | Marcador(es) |
---|---|---|---|
1978-79 | 1ª Rolda | ![]() |
![]() |
1979-80 | 1ª Rolda | ![]() |
![]() |
1981-82 | 1ª Rolda | ![]() |
![]() |
1982-83 | 1ª Rolda | ![]() |
![]() |
2ª Rolda | ![]() |
![]() |
Balance nas competicións europeas[editar | editar a fonte]
Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
10 | 2 | 0 | 8 | 34 | 85 | -51 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |