Casa Grande de Xanceda
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Casa Grande de Xanceda | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata |
Casa Grande de Xanceda é unha empresa gandeira galega do sector do leite e derivados lácteos situada en Xanceda no concello de Mesía, entre os seus produtos destacan os iogures, o quefir e o queixo ecolóxicos.
Historia
[editar | editar a fonte]A Casa Grande de Xanceda ten as súas orixes nos anos 60 cando Felipe e Victoria Fernández-Armesto trouxeron do Canadá 30 vacas de raza frisoa. O nome da granxa vén dunha casa do século XVIII na que actualmente están as oficinas.
Dende 2002 a granxa ten unha leira con 350 vacas que pastan nun terreo de 200 hectáreas. En 2007 comezou a produción de iogur baixo a denominación de produto ecolóxico.
Produtos
[editar | editar a fonte]Casa Grande de Xanceda produce máis de mil toneladas anuais de lácteos: leite, iogures, queixo e kefir.