Saltar ao contido

Cartografía dos apelidos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cartografía dos apelidos de Galicia é un proxecto do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ofrece información da difusión territorial dos apelidos de Galicia combinando estatística e análise espacial.[1] Toma como base os datos do Censo de poboación de 2001 proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística.[1]

Está coordinado por Ana Isabel Boullón Agrelo e Xulio Sousa Fernández.[1]

A súa consulta pode facerse en aberto.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Cartografía dos apelidos de Galicia". ilg.usc.es. Consultado o 2021-01-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]