Cartofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Postal en branco e negro

Cartofilia é o estudo e colección de postais. Comparada coa filatelia, a identificación dos lugares de destino e fonte e do tempo da postal a miúdo son tarefas imposíbeis, dado que as postais se producen de forma descentralizada e non regulada. Por esta razón, os coleccionistas moitas veces limitan as súas adquisicións a postais de artistas específicos, ou pola súa época e lugar.