Carronada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A carronada é unha peza curta de artillaría naval de ferro fundido, deseñada inicialmente para as forzas terrestres en 1774 polo xeneral Robert Melville e perfeccionadas máis tarde pola Carron Company.
Características
[editar | editar a fonte]A súa adaptación á mariña onde tivo o seu maior apoxeo foi feita polo xeneral Gascoine en 1779. A principal característica que a diferenciaba era que estaba montada sobre unha plataforma na que se desprazaba co retroceso. Aínda que os primeiros prototipos seguiron o sistema tradicional montados sobre un armón. Cun largo en calibre de entre 5,4 e 7,8 eran moito máis curtas que as normais pezas de artillaría naval pero de maior calibre e potencia, os proxectís das carronadas eran preferentemente: balas ocas, balas para romper a enxarcia e botes de metralla. A súa situación enriba da plataforma daba á dotación máis facilidade no seu manexo e seguridade. A principal desvantaxe era que tiña menos alcance cós demais tipos de canóns mariños.
En España foi probada polo navío San Ana por vez primeira, mais seu uso non se xeneralizou nos navíos da Armada Española, só en buques de menor clase, o propio Santísima Trinidad foi armado con 18 carronadas.