Saltar ao contido

Santísima Trinidad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santísima Trinidad
 Nome curto
    Santísima Trinidad (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Armamento
140x canón Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Comandado por
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1769 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en servizo
1769 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Conflito
Localización
 Lugar de creación
 País de orixe
 País de rexistro
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   61,3 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   4.902 t Editar o valor en Wikidata
 Manga
   16,2 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/07ndwy Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O Santísima Trinidad, oficialmente Nuestra Señora de la Santísima Trinidad, foi un navío de liña español creado en 1769 e afundido en 1805 trala Batalla de Trafalgar, sendo o buque máis grande da súa época. As súas medidas eran: eslora 67,21 m, manga 17,67 m; e o seu peso aproximado era de 5432 toneladas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Botado en outubro de 1769 nos estaleiros da Habana, foi o único navío de liña de 4 pontes. Estaba construído con madeiras preciosas da mellor calidade; malia isto, a súa gobernabilidade era difícil, e foi mellorado nos estaleiros de Ferrol e Cádiz. A súa tripulación estaba composta por máis de 1000 persoas, e o seu número máximo de pezas de artilleria foi dunhas 140.

O buque foi capturado na Batalla de Trafalgar despois dun heroico combate, e malia os esforzos de españois e ingleses para salvalo trala batalla, as cordas do barco que o remolcaban cara a Xibraltar cortáronse por mor da treboada que aconteceu despois da contenda, afundíndose a unhas 25 millas ao sur de Cádiz.