Saltar ao contido

Carro solar de Trundholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carro solar de Trundholm
 Material usado
 Representa a
Datas
 Data de creación
1400 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Período
Dimensións
Lonxitude50 cm Editar o valor en Wikidata
Descuberta
 Localización descuberta
 Data descuberta
1902 Editar o valor en Wikidata
 Descuberto por
Conservación
 Localización
 Colección
 Coordenadas
 Situado en
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]
O carro solar, sen dourados.

O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios.

Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C.. Na actualidade consérvase en Copenhaguen no Nationalmuseet.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O conxunto mide 60 centímetros de longo. O cabalo, dunha bela factura de bronce, repousa sobre catro rodas de catro raios. O disco solar, dun diámetro de 25 centímetros, descansa sobre dúas rodas e conserva unha parte do seu dourado por unha das caras. É a máis antiga representación do carro solar que se coñece en Europa.

Significación

[editar | editar a fonte]

Admítese en xeral, hoxe, que este carro solar é a representación en miniatura dun carro cultual que se pasearía sobre un percorrido solar máxico, como indican os cultos de Nerthus na Xermania do Norte e de Freyr en Suecia.[1]

A cara dourada, situada sobre a parte dereita do cabalo, representaría o curso diúrno do sol de leste a oeste; a face contraria, escura, o curso nocturno.

Pode ser que o obxecto se depositase en ofrenda nunha sepultura que máis tarde desapareceu.

  1. Segundo o estuda Björn Ulbricht, Im Tanze der Elemente. Kult und Ritus der heidnischen Gemeinschaft, Arun-Verlag, Wöl-flau 88, D-8313 Vilsbiburg ; ISBN 3-927940-00-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]