Carpóspora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En botánica, en setido xeral, o termo carpóspora aplícase a toda espora que, mediante un complicado proceso formativo, adoita orixinarse en corpos frutíferos de forma determinada, e que desempeña a función de conservar a especie.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo está formado polos elementos carpo- e -spora, ambos os dous derivados das voces do grego antigo καρπός karpós, "froito", e σπoρά sporá', "semente".[2]

Este neoloxísmo entrou na linguaxe científica no ano 1881 a través do inglés.[2]

Nas rodófitas[editar | editar a fonte]

No caso concreto das rodófitas, a carpóspora é unha aplanóspora (espora transportada polo vento) diploide producida polas algas vermellas.[3] orixinada nas células terminais dos filamentos resultantes da xerminación dos carpogonios fecundados.[1]

Despois da fecundación, o carpogonio da alga divídese en carpósporas, que xeralmente son o tipo de esporas de maior tamaño (son máis grandes que as bísporas, que son aínda máis grandes que as tetrásporas).[4] A parede do carpogonio rompe entón, liberando as esporas no ambiente.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Font Quer, P. 1993, p. 189.
  2. 2,0 2,1 carpospora en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  3. carpóspora no DiGalego.
  4. Steneck, R. S. (1986). "The Ecology of Coralline Algal Crusts: Convergent Patterns and Adaptative Strategies". Annual Review of Ecology and Systematics 17: 273–303. 
  5. Hoek, Christiaan; D. G. Mann; Hans Martin Jahns (1995). Algae. Cambridge University Press. p. 63. ISBN 978-0-5213-1687-3.