Carmen Ambroj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Ambroj
Biografía
Nacemento19 de abril de 1894 Editar o valor em Wikidata
María de Huerva, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1979 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de ensino secundario , escritora Editar o valor em Wikidata

María del Carmen Ambroj Ineva, nada en María de Huerva (Zaragoza) o 19 de abril de 1894[1] e finada en Vigo en 1979, foi unha profesora e escritora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio e despois fixo Filosofía e Letras, que rematou en 1925.[2] Foi mestra de Cerezo de Arriba (Segovia) dende 1926.[3] Foi nomeada catedrática de Xeografía e Historia do Instituto de Vigo en 1930.[4] En 1933 e 1934 participou nos Cruceiros ou Viaxes de Estudos para profesores organizados polas universidades de Madrid e Barcelona.[5] Impartiu un ciclo de conferencias para o Ateneo de Vigo en 1934.[6][7] Doutorouse en Xeografía e Historia en 1935 coa tese Pleito del Virrey extranjero: su influencia en los sucesos ocurridos en Zaragoza con motivo de la prisión de Antonio Pérez. Foi membro do Partido Agrario Español, do que formou parte da directiva do comité local de Vigo presidido por Alfredo Pérez Viondi.[8] Foi directora do Instituto de Vigo en 1942 e tamén deu clases de Historia na Escola de Comercio. Foi autora dun libro de texto de historia universal e varias novelas.[9][10] Publicou algunhas colaboracións en El Pueblo Gallego e Guía, e foi autora dun ballet que interpretaron os alumnos do Instituto de Vigo en 1951.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Compendio de historia universal, 1934 (2ª edición, 1961).

Novela[editar | editar a fonte]

  • Sueños de amor, 1948.
  • Espíritus y fantasmas, 1952.
  • Veinticuatro horas imborrables, 1958.

Vida personal[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con José Maslloréns Martínez, que finou en 1954.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escalafón de los catedráticos numerarios de Institutos Nacionales de Segunda Enseñanza : situación en 22 de febrero de 1935. 
  2. La Voz de Aragón, 27-5-1925, p. 2.
  3. El Magisterio Español, 17-4-1926, p. 10.
  4. BOE, 10-6-1930, p. 1549-1550.
  5. Díaz-Plaja, Ana (2016). "Las mujeres se embarcan hacia el futuro: las cruceristas de 1934" (PDF). Temps d’Educació (51): 107–122. 
  6. El Pueblo Gallego, 4-2-1934, p. 8.
  7. El Pueblo Gallego, 16-2-1934, p. 8.
  8. La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República, tese de doutoramento presentada por Manuel Fernández González na USC, 2005.
  9. Carmen Ambroj, docente inolvidable
  10. Ambroj, la docente septuagenaria que aprendía ruso
  11. El Pueblo Gallego, 7-3-1951, p. 2.
  12. El Pueblo Gallego, 24-7-1955, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]