Carlos Regueira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1957 Muros, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | profesor universitario |
Carlos Manuel Pastor Regueira Méndez, nado en Muros en 1957, é un profesor de saúde pública e investigador especializado en hórreos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Química e Farmacia, e doutor en Farmacia[1] pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor no departamento de psiquiatría, radioloxía e saúde pública. O seu campo de traballo profesional foi precisamente no ámbito da saúde pública[2], con investigación nos eidos da ocorrencia de determinadas enfermidades ou condicións, desde a catarreira á asma e á síndrome premenstrual[3]. Tamén dirixiu dúas farmacias (unha en Baíñas) e mais un laboratorio de análises clínicas.
De maneira afeccionada dedicouse á micoloxía[4] e á investigación dos hórreos[1]. Froito desta última é a publicación en 2017 do Atlas de hórreos de Galicia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Atlas de hórreos de Galicia (2017), con prólogo de Xosé M. Lema Suárez.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Xubilado da Universidade de Santiago en 2019[1], reside no concello de Ames.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Carlos Regueira gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-11-08. Consultado o 2021-01-31.
- ↑ "Horario do profesor. Carlos Regueira". www.usc.es. Consultado o 2021-01-31.
- ↑ "Research Gate. Carlos Regueira-Méndez".
- ↑ "«No hay que lanzarse sin más a por setas, puede ser peligroso»". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-11-01. Consultado o 2021-01-31.