Carlos Herrero Latorre
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1961 (63 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Carlos Herrero Latorre, nado o 1 de xullo de 1961 en Lugo,[1] é un químico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade de Santiago de Compostela (1979-1984). Traballou en Pescanova e é profesor da USC desde 1988. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias de Lugo (1994-1995), adxunto ao Vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo (1995-2000), decano da Facultade de Ciencias de Lugo (2000-2002) e Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo (2002-2010). Entre outras obras publicou Manual práctico de química analítica (1999) con Sagrario García Martín e Rosa M. Peña Crecente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Casal, Iolanda (11 de setembro de 2006). "Entrevista a Carlos Herrero". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2015.