Carlos Guitián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Guitián
Biografía
Nacemento29 de abril de 1927 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata

Carlos Julio Roberto Guitián Rodríguez, nado en Ourense o 29 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 2024, foi un médico e intelectual galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina e especializouse en cirurxía no hospital de Sant Pau. Médico urólogo no Hospital de Ourense dende 1960. Foi un dos primeiros urólogos en utilizar a técnica da resección transuretral endoscópica con intervención mínima. En 1969 fixo un documental explicativo da técnica que foi premiado na Semana Internacional del Cine Médico de Motril en 1982.[1] Foi galegiuista e un dos impulsores do Día da Patria Galega. O 25 de xullo de 1969 foi golpeado e detido pola policía en San Domingos de Bonaval na saída da misa de Rosalía de Castro. Fundador da Asociación Cultural Auriense, da que foi vicepresidente entre 1967 e 1973, encabezou a candidatura do Partido Socialista Galego en Ourense nas eleccións municipais de 1983 e despois foi candidato polo BNG. Pertenceu á Irmandade da Sanidade Galega.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 29 de abril de 2017 recibiu unha homenaxe no Liceo de Ourense.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Asunción Montero Pérez-Feijoo e foi pai de Carlos, Maruxa, Ana, Anxela Óscar e Iria Guitián Montero.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]