Saltar ao contido

Carlos Franco Iribarnegaray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Franco Iribarnegaray
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1912 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
23 de decembro de 1975 – 30 de xuño de 1977
 Mariano Cuadra Medina
Ministro do Aire Ministry of the Air Force of Spain (en) Traducir
11 de decembro de 1975 – 4 de xullo de 1977
 Mariano Cuadra MedinaManuel Gutiérrez Mellado  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, político, aviador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española, Bando Nacional e España franquista Editar o valor en Wikidata
Rama militarAviación militar Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente xeneral
xeneral de brigada
xeneral de división Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Premios

Arquivo Histórico de Deputados: 40900

Carlos Franco Iribarnegaray, nado en Ferrol o 30 de agosto de 1912 e finado en Madrid o 11 de decembro de 1982[1], foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1929 ingresou na Academia Xeral Militar de Zaragoza, e en 1931 na Academia de Artillaría de Segovia. Tras licenciarse como tenente en xullo de 1933 foi destinado ao rexemento de Artillaría de Costa n.º 2 (Ferrol), na 1.ª batería. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse ás tropas sublevadas. En outubro de 1937, como capitán, tomou o mando dunha batería antiaérea.

Pasou a Aviación, e entre 1945 e 1947 foi alumno da Escola de Estado Maior do Exército do Aire, como comandante. Ampliou estudos coas Forzas Aéreas dos Estados Unidos, nos Estudos Superiores da Defensa Nacional e na Escola de Altos Estudos Militares. Foi profesor da Academia do Aire de León, xefe dos Servizos Aéreos da base de Rota e profesor da Escola Superior do Exército (1965). En 1966 foi nomeado director deste centro, e posteriormente director da Escola Superior do Aire. Xa como xeneral de división ascendeu a director xeral de Aviación Civil, pasando máis tarde á xefatura da Ala 37. Como tenente xeneral foi ascendido a xefe da zona aérea das Canarias e da III Rexión Aérea.

Foi procurador en Cortes durante a X lexislatura (1971-1976). O 12 de novembro de 1975 foi nomeado ministro do Aire de España, cargo que ocupou até o 4 de xullo de 1977, cando o seu departamento se integrou no Ministerio de Defensa.

Foi presidente do Padroado do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas e da Comisión Nacional de Investigación do Espazo.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1977 recibiu a Gran Cruz da Orde de Carlos III.

Predecesor:
Mariano Cuadra Medina
 
Ministro do Aire de España
 
1975 - 1977
Sucesor:
-
(desaparición do Ministerio)