Carlos Díaz Diéguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1978 (46 anos) Bueu, España |
Actividade | |
Ocupación | ensaísta, profesor de ensino secundario, escritor |
Carlos Díaz Diéguez, coñecido tamén como Carlos Diegues, nado en Bueu o 11 de xuño de 1978, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado de Estudos Avanzados en Filosofía moral. É profesor de ciencias sociais no IES Francisco Aguiar de Betanzos e profesor asociado da Universidade da Coruña.[1]
Ademais da súa carreira como profesor Díaz Diéguez é membro do BNG e presentouse como candidato á alcaldía de Aranga nas eleccións municipais de 2019.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- A revolução pendente. Feminismo e democracia, 2008, Estaleiro. Pódese descargar libremente na páxina da editora.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Cartas do cárcere, de Antonio Gramsci, 2011, Estaleiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha na Universidade da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2023. Consultado o 01 de novembro de 2023.
- ↑ Junta Electoral de Zona de Betanzos. Elecciones Locales 2019. Candidaturas Presentadas Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº77, do 24 de Abril de 2019